Concerto Loiros + Gloria Pavía

Riquela. Rúa do Preguntoiro, 35, 15704 - Mapa ikusi
Data desberdinak -
Antolatzailea Héctor Agulla

Zure sarrerak erosi

Online salmenta itxita.

Informazio gehiago jasotzeko ekitaldiaren antolatzailearekin harremanetan jarri.

Antolatzailearen datuak "Antolatzailea" eremuan daude.

Ekitaldiaren deskribapena

Desta volta, Loiros estarán presentando o seu segundo LP, titulado Back from the Edge.

Nel inclúense seis novas cancións orixinais do grupo, coidadosa e amorosamente compostas, executadas e gravadas, onde atopamos unha inusual mestura de xéneros que cristaliza nun son e nunha estética moi definidos e persoais. Baixo un certo enfoque jazzístico, a banda aglutina influencias do rock progresivo, o shoegaze, o grunge e o post rock, creando unha paisaxe sonora única na que o ouvinte pasa por diferentes estados emocionais. Sorprende o seu son cru, en contraste cos coidadísimos arranxos, a fina execución e o mimo no tratamento das melodías vocais, cuxas harmonías fan de fío conductor ó longo de todo o disco.

Unha vez máis, o grupo conta coas experimentais e sempre tolas técnicas de deseño sonoro do Hevi, aos mando do seu Laboratorio Soyuz, gravando e mesturando o disco en Trazo (Galiza) e coa exquisita masterización Cem Oral de Jammin´ Masters en Berlin.

Back from the Edge colleita xa moi boas críticas por parte do público e da prensa especializada:

"Unha sorpresa monumental. Un disco riquísimo e diferente que escapa de case todos os radares, sobre o que paga a pena colocar os focos axiña"

Fernando Neira. El País

"Un disco maduro, co que a banda consegue unificar solidamente jazz, grunge, shoegaze e psicodelia"

Fernando Fernández Rego. MondoSonoro

"Un grupo diferente, honesto e arriscado. E o seu son, unha mestura única de xéneros e influencias"

Pablo Vázquez. A Movida

"A súa peculiar mestura estilística crea unha sensación nova para o ouvinte. Longos e inesperados desenrolos lévante irremediablemente por distintos estados"

Pilar García Rego. Zig Zag Diario

"Inclasificables. O seu primeiro disco fai imaxinar un amencer eterno"

 Roberto Martínez. Bienvenido a los 90

"Máxicos. Parecen saídos do Canterbury dos 60"

 Xosé Otero. RKV Radio

"Longos desfiles de mesturas psicodélicas conforman un primeiro achegamento a unha banda á que lle queda moito que amosar"

Balea Cultural

"Os novos seis temas que conforman este novo LP falan por si mesmos en eloxiosos términos dos seus autores"

Manuel Borrero. Ruta 66

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

LIGAZÓNS REDES:

- Útimo videoclip: Loiros - How Does It Feel

- Bandcamp: https://loiros.bandcamp.com/album/back-from-the-edge

- Youtube: https://www.youtube.com/@loirosband

- Instagram: https://www.instagram.com/loirosband

- Facebook: https://www.facebook.com/loirosband

Sarbide politika

Kasu honetan antolatzaileak ez du zehaztu adingabekoen politikarik sarreran, zalantzarik izan ezkero zuzenean antolatzailearekin harremanetan jartzea gomendatzen dizugu.

Bideoa

Iruzkinak

2
Dos bolazos increíbles de unos musicazos
Tato a la guitarra fue suavidad y voicings delicatessem, mientras Gloria Pavía nos condujo por mares de emociones. Loiros es la mezcla perfecta entre progresivo, psicodelia, los Beatles y Radiohead. Calidad insuperable, cambios inesperados. Toda una delicia musical <3
Estrella 2024/11/21 egunean joan zen
Excelente
Loiros es una banda interesante y sonaron de manera brillante. Gloria Pavía es un capítulo aparte. Su set con David Tato demostró que más que una promesa, es ya una realidad con un presente y un futuro rutilante.
Jo Ninep 2024/11/21 egunean joan zen
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.