selecciona as túas entradas
Descripción do evento
Dende Redondela, no seo dunha extensa familia de artistas, Sheila Patricia medrou entre cultura, talento e ritmos do país.
Sheila Patricia fusiona ritmos actuais dende a raíz cunha forte mensaxe de empoderamento feminino. A través da creación e improvisación en vivo, os seus concertos inspiran ás mulleres a conectar coa súa deusa interior e recoñecer o seu poder creador. O seu proxecto non é só unha proposta artística, senón tamén unha filosofía: a música como canle de transformación persoal e colectiva.
A voz de Sheila Patricia máis que un instrumento é o eixo central da súa obra cunha interpretación elegante e moi persoal. Convértese así nunha ferramenta emocional que conecta directamente co público.
Política de acceso
Neste caso o promotor non especificou a política de acceso a menores, se tes calquera dúbida animámoste a que contactes directamente con el.