selecciona as túas entradas
Descripción do evento
O grupo de música tradicional galega Os Carecos acaba de acadar un importante fito na súa carreira: lograr o obxectivo do seu primeiro crowdfunding en menos de dez días. Con máis de 250 mecenas apoiando o proxecto, o grupo conseguiu superar os 8.500 euros marcados como meta inicial na plataforma Verkami, nun acto de apoio masivo que reflicte o interese e a confianza do público no seu traballo.
Este xiro na súa carreira chega nun momento clave para a banda, que se atopa ultimando a produción do seu primeiro disco de estudo, titulado "Foula", un álbum que fusiona a música tradicional galega con arranxos frescos, coidados e moi persoais. "Foula" representa un paso significativo na súa evolución sonora e promete sorprender aos seus seguidores con novas propostas e sonoridades.
O día 4 na Garufa club desfrutaremos desta maravillosa estrea.
Política de acceso